O estudantado debe realizar un Proxecto Fin de Máster no que realice un traballo relacionado con algún dos aspectos tratados no mestrado. Resulta un traballo de síntese dos coñecementos adquiridos e ademais favorece a planificación e estruturación dun proxecto, co que o estudantado debe organizar, baixo a supervisión do titor específico TFM, a estrutura e organización dos contidos e resultados obtidos.
Se o perfil seleccionado é académico-investigador, o titor debe ser un Doutor designado pola Comisión Académica do mestrado.
A coordinación da docencia e do desenvolvemento dos Traballos de Fin de Máster será función da Comisión Académica Interuniversitaria do mestrado.
NORMATIVA
FORMULARIOS
- Proposta de TFM polo estudante e titor
- Valoración do titor
- Valoración por membro do tribunal avaliador
- Acta do tribunal avaliador
Traballo Fin de Máster - Curso 2025/2026
Calendario de defensa do TFM
| Convocatoria | Depósito | Defensa |
|---|---|---|
| 1ª oportunidade | 05/02/2026 | 19/02/2026 |
| 2ª oportunidade | 02/07/2026 | 16/07/2026 |
TFM Defendidos